2022 - 2023
6 Edición
189

Centros
165

Cidades
48

Provincias


2022 - 2023
6 Edición
189

Centros
165

Cidades
48

Provincias

Un proxecto educativo que cambia vidas


Acnur

ACNUR Loco Festival é un proxecto educativo impulsado polo Comité español de ACNUR para concienciar o alumnado sobre a situación das persoas refuxiadas e a importancia de se implicaren activamente na defensa dos Dereitos Humanos.


Loco Festival

PROPOSTA EDUCATIVA

Propón un proxecto de Aprendizaxe-Servizo que fomenta a educación en valores, a solidariedade, a paz e a defensa dos Dereitos Humanos. Converte o alumnado en protagonista do proceso de ensino-aprendizaxe e estrutúrase en tres fases, que cada centro ou docente poderá desenvolver coa profundidade que desexe.

Descargar unha demo

Fase de sensibilización

Mediante unha serie de recursos e actividades, poñémonos na pel das persoas refuxiadas e desprazadas e coñecemos o labor que realiza ACNUR para as axudar a restaurar os seus dereitos.

De 1 a 3 sesións


Fase de Acción-Cooperación

Divididos en diferentes comisións e equipos de traballo, levamos a cabo unha acción de concienciación social na nosa contorna mediante a organización dun evento solidario.

3 sesións


Fase de
reflexión

Por último, reflexionamos sobre a experiencia vivida, os logros acadados e a importancia de seguir implicándonos na protección dos dereitos humanos.

1 sesión

COMO PARTICIPAR?

O Loco Festival é un proxecto aberto a toda a comunidade educativa española. Nel poden participar centros de educación formal e non formal, escolas de música, asociacións e entidades socioeducativas. Pódese levar a cabo desde un centro ou como proxecto municipal.

Máis información
1



Rexistrádevos na plataforma e descargade os materiais didácticos para desenvolver o proxecto: cun grupo ou varios, como proxecto de centro, desde unha materia ou de xeito interdisciplinar.

2



Vinculade a experiencia educativa co momento do curso que prefirades: semana dos Dereitos Humanos, Nadal, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, semana cultural, fin de curso…

3



Culminade o proxecto coa celebración dun evento solidario (concerto, recital, exposición, xornada…) e convidade a vosa comunidade a formar parte desta gran rede de tolos e tolas por cambiar o mundo.


O Kit Loco Festival




Inclúe unha gran variedade de materiais pautados e deseñados para facilitar ao máximo o labor docente e guiar o traballo do alumnado durante todo o proceso. Está dispoñible en galegocastelán, éuscaro, inglés e catalán.

Loco Festival

Acceso aos materiais


Recursos para docentes

Guía didáctica
Rúbrica

Recursos para o alumnado

Vídeo
Fichas de traballo

recursos para o evento

Modelos
Merchandaxe

Unha causa solidaria

As achegas recadadas neste proxecto destínanse a financiar os programas educativos que ACNUR desenvolve en todo o mundo para garantir o dereito á educación da xente nova refuxiada. Desde o centro, os alumnos e alumnas axudan outros mozos e mozas que, coma eles, teñen moitos soños de futuro.

educa A un niño

Desde 2012, este programa permite a escolarización de milleiros de nenos e nenas refuxiadas en África, Asia e Oriente Medio.



Testemuños




Unha iniciativa de:


ACNUR

Entidades colaboradoras:


GSD educación

Partner educativo:


EduXarxa