Así foi a primeira edición do ACNUR Loco Festival
O 17 de abril de 2018 puxemos en marcha a primeira edición do ACNUR Loco Festival, un proxecto que nacía coa vontade de empoderar as persoas máis novas e demostrarlles que teñen a capacidade de cambiar o mundo. Case unha trintena de centros de toda España se sumaron á iniciativa e axudáronnos a demostrar que o normal non é ser indiferente, senón estar tolo. Grazas, pioneiros!
Centros
Cidades
Cifra solidaria
Centros grandes, pequenos, escolas rurais, institutos de cidades, nenos e nenas de primaria, adolescentes de bacharelato, pais, nais, veciños e veciñas… A enerxía e a paixón de docentes comprometidos, a infinita creatividade do alumnado e a inesgotable dedicación das familias deixaron escenas tan divertidas, entrañables e tolas coma estas.
- Nos oito centros da rede Gredos San Diego déronlle a benvida á primavera cunha gran xornada solidaria na que se implicou toda a comunidade.
- Os alumnos e alumnas do IES Illa de Ons percorreron Bueu (O Morrazo) cos seus tambores para avisar a toda a vila de que se aveciñaba un tremendo Loco Festival.
- No CRA Las Cañadas, de Aguilafuente (Segovia), o photocall foi o paso previo a unha xornada ateigada de sorpresas.
- Desde Ceuta, os rapaces e rapazas de Santa Micaela demostraron que pequenos e grandes poden traballar xuntos cando os une unha causa común.
- Na Escola Mare de Déu de Núria de Barcelona e o IES Almussafes de Valencia, as artes plásticas convertéronse nunha poderosa ferramenta de concienciación.
- En Potries (Valencia), a vila enteira ceou ACNURguesas para apoiar a iniciativa e mais o enxeño dos seus “locos bajitos".
- E o tribunal do melón do CEIP 12 de Octubre de Badaxoz repartiu premios e sorrisos a todo o que pasaba por alí ese día.
- Como colofón, o 22 de xuño, no marco das conmemoracións polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas, celebramos un gran evento final no Palacio de Cristal de Madrid, coa participación de Payasos Sin Fronteras, Barei, Ana Mena, Laura Durand e Atacados.


galería
CENTROS PARTICIPANTES
Hernán Cortés - Badajoz
VALDEPEÑAS DE JAÉN - Jaén
GIJÓN - Asturias
Valencia - Valencia
Aguilafuente - Segovia
Potries - Valencia
Madrid - Madrid
Sant Quirze del Vallès - Barcelona
Barcelona - Barcelona
Madrid - Madrid
Alcalá de Henares - Madrid
Buitrago de Lozoya - Madrid
El Escorial - Madrid
Guadarrama - Madrid
Las Rozas - Madrid
Madrid - Madrid
Moratalaz - Madrid
Vallecas - Madrid
Almussafes - Valencia
Madrid - Madrid
Palma - Baleares
Bueu - Pontevedra
Mislata - Valencia
CEUTA - Ceuta
Salou - Tarragona