curso 2017-2018

Así foi a primeira edición do ACNUR Loco Festival


O 17 de abril de 2018 puxemos en marcha a primeira edición do ACNUR Loco Festival, un proxecto que nacía coa vontade de empoderar as persoas máis novas e demostrarlles que teñen a capacidade de cambiar o mundo. Case unha trintena de centros de toda España se sumaron á iniciativa e axudáronnos a demostrar que o normal non é ser indiferente, senón estar tolo. Grazas, pioneiros!

25
Centros
22
Cidades
64.324 €
Cifra solidaria

Centros grandes, pequenos, escolas rurais, institutos de cidades, nenos e nenas de primaria, adolescentes de bacharelato, pais, nais, veciños e veciñas… A enerxía e a paixón de docentes comprometidos, a infinita creatividade do alumnado e a inesgotable dedicación das familias deixaron escenas tan divertidas, entrañables e tolas coma estas.

  • Nos oito centros da rede Gredos San Diego déronlle a benvida á primavera cunha gran xornada solidaria na que se implicou toda a comunidade.
  • Os alumnos e alumnas do IES Illa de Ons percorreron Bueu (O Morrazo) cos seus tambores para avisar a toda a vila de que se aveciñaba un tremendo Loco Festival.
  • No CRA Las Cañadas, de Aguilafuente (Segovia), o photocall foi o paso previo a unha xornada ateigada de sorpresas.
  • Desde Ceuta, os rapaces e rapazas de Santa Micaela demostraron que pequenos e grandes poden traballar xuntos cando os une unha causa común.
  • Na Escola Mare de Déu de Núria de Barcelona e o IES Almussafes de Valencia, as artes plásticas convertéronse nunha poderosa ferramenta de concienciación.
  • En Potries (Valencia), a vila enteira ceou ACNURguesas para apoiar a iniciativa e mais o enxeño dos seus “locos bajitos".
  • E o tribunal do melón do CEIP 12 de Octubre de Badaxoz repartiu premios e sorrisos a todo o que pasaba por alí ese día.
  • Como colofón, o 22 de xuño, no marco das conmemoracións polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas, celebramos un gran evento final no Palacio de Cristal de Madrid, coa participación de Payasos Sin Fronteras, Barei, Ana Mena, Laura Durand e Atacados.
CEIP 12 de Octubre / Hernán Cortés / Badajoz

galería


CENTROS PARTICIPANTES

CEIP 12 DE OCTUBRE
Hernán Cortés - Badajoz
CEIP Santiago Apóstol
VALDEPEÑAS DE JAÉN - Jaén
Colegio La Corolla
GIJÓN - Asturias
Colegio Salesianos San Juan Bosco
Valencia - Valencia
CRA Las Cañadas
Aguilafuente - Segovia
CRA MONDVER-SAFOR
Potries - Valencia
Escenario Principal ACNUR
Madrid - Madrid
Escola El Turonet
Sant Quirze del Vallès - Barcelona
ESCOLA MARE DE DEU DE NURIA
Barcelona - Barcelona
FUENTELARREYNA
Madrid - Madrid
Gredos San Diego Alcalá
Alcalá de Henares - Madrid
Gredos San Diego Buitrago
Buitrago de Lozoya - Madrid
Gredos San Diego El Escorial
El Escorial - Madrid
Gredos San Diego Guadarrama
Guadarrama - Madrid
Gredos San Diego Las Rozas
Las Rozas - Madrid
Gredos San Diego Las Suertes
Madrid - Madrid
Gredos San Diego Moratalaz
Moratalaz - Madrid
Gredos San Diego Vallecas
Vallecas - Madrid
IES ALMUSSAFES
Almussafes - Valencia
IES CIUDAD DE LOS ANGELES
Madrid - Madrid
IES Guillem Sagrera
Palma - Baleares
IES ILLA DE ONS
Bueu - Pontevedra
Santa Cruz
Mislata - Valencia
SANTA MARIA MICAELA
CEUTA - Ceuta
SOCRATES EDUCA INTERNATIONAL SCHOOL
Salou - Tarragona

Unha iniciativa de:


ACNUR

Entidades colaboradoras:


GSD educación

Partner educativo:


EduXarxa