É un proxecto moi flexible. Podedes desdenvolvelo e afondar nel ata onde queirades, centrándovos na parte que máis vos interese, na de sensibilización ou na de organización do evento. A proposta pódese desenvolver nun total de entre cinco e oito sesións.
Non. Hai centros nos que o realiza un só grupo/clase ou un ciclo, e outros nos que se implica todo o centro. O proxecto e o material están pensados para os adaptar a todas as posibilidades e permitiranvos traballar facilmente de moitas maneiras.
Cada centro decide como quere que sexa o seu evento. Podedes escoller o contido (concerto, recital, actuacións, obradoiros, exposición, mercadiño...), o formato (só para o centro, aberto á contorna), a ubicación (no centro, nun espazo municipal...) e a data (calquera momento do curso).
Por suposto, será xenial que as familias se impliquen na iniciativa. Recomendámosvos que descarguedes igualmente os materiais educativos porque vos serán de moita utilidade.
Todos os fondos recadados neste proxecto destínanse a apoiar os programas educativos que Educa a un Niño e Mind the Gap, para garantir o dereito á educación da xente nova refuxiada. Ao rematar o proxecto enviarémosvos unha memoria para que poidades ver en que se traduciu a vosa axuda.
Escribédenos a info@acnurlocofestival.es e porémosnos en contacto con vós para darvos apoio no que precisedes.